Quantcast
Channel: Últimos servizos engadidos da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Viewing all articles
Browse latest Browse all 192

Prensa-Escuela impartirá en novembro un curso avanzado de blogs para docentes

$
0
0

O Programa Prensa-Escuela celebrará do 10 de novembro ao 5 de decembro un curso de blogs de carácter avanzado co obxectivo de dotar ao profesorado xa iniciado no uso desta ferramenta de novos recursos e estratexias para optimizar as posibilidades técnicas e pedagóxicas do blog no ámbito educativo.

O curso, totalmente gratuíto e homologable pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impartirase integramente en rede a través da aula virtual do programa e permitirá aos participantes facer un uso avanzado da plataforma Wordpress así como explorar as posibilidades das teorías do aprendizaxe cooperativo, as intelixencias múltiples e a creatividade como ferramentas para mellorar o aprendizaxe do alumnado.

O taller contará, ademais, co asesoramento dun titor especializado que será o encargado de proporcionar aos docentes a orientación e os recursos necesarios para que podan crear e dinamizar o seu proxecto dixital utilizando as noticias como ferramenta didáctica.

Os interesados en inscribirse nesta actividade, deberán enviar un correo electrónico a prensa-escuelaatlavoz [dot] es e facilitar os seguintes datos:

  • nome e apelidos
  • centro ao que pertencen
  • DNI
  • dirección de e-mail
  • teléfono de contacto

O prazo máximo de recepción de solicitudes finaliza o 5 de novembro.

Para máis información consultar o enlace web aportado.

Imaxe do curso avanzado de blogs de Prensa-Escuela

Viewing all articles
Browse latest Browse all 192

Trending Articles


LUIS RODRÍGUEZ FIGUEROA [9822]


KAREN PLATA [18.223]


MARÍA MERCEDES VENDRAMINI [19.341]


DOUKAS KAPANTAΪS [9771]


FABIÁN DARÍO MOSQUERA [17.923] Poeta de Colombia


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


XLR8 – Ben 10


Piccolo