O próximo 9 de marzo terá lugar na cidade de Tui (Pontevedra) a Xornada Bilateral Erasmus+ no ámbito da educación e a formación (España-Portugal), co obxecto de establecer proxectos de cooperación entre institucións españolas e portuguesas.
A xornada, organizada conxuntamente polo SEPIE, a Axencia Nacional Portuguesa e coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, se centrará en proxectos de mobilidade e en asociacións estratéxicas entre institucións do entorno educativo e do ámbito empresarial. Dentro do sector educativo participarán centros de varios niveis, como escolas de primaria, secundaria e formación profesional, así como centros de ensinanzas artísticas, persoas adultas e ensino de idiomas.
Xunto as sesións formativas, darase espazo ao encontro entre os profesionais de todos os sectores para promover a cooperación transnacional a través das accións do Programa Erasmus+.
A xornada forma parte do plan anual de formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e certificarase aos asistentes con oito horas de formación. A inscrición para o profesorado galego farase en: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ (código de actividade X1502040).
Todos os asistentes, e tamén o profesorado galego, deberán inscribirse na seguinte ligazón: http://modeproject.eu/eventossepie/inscripciones/2016/bilateral_espana_portugal/ que estará dispoñible ata o día 1 de marzo de 2016.
Nesta ligazón atoparán toda a información relativa á xornada —programa provisional e o lugar de celebración .
Está incluído o xantar, os gastos de desprazamento -e aloxamento, se procede- correrán a cargo dos asistentes.
