Quantcast
Channel: Últimos servizos engadidos da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Viewing all articles
Browse latest Browse all 192

VIII Concurso “Ignacio López Bueno” de presentacións audiovisuais

$
0
0

O IES Terra de Trasancos convoca a VIII Edición deste concurso que este ano terá como tema a luz: “Ilumíname”, para celebrar o Ano Internacional da Luz e así comunicar á sociedade a importancia da luz e as súas tecnoloxías asociadas no mundo actual, en áreas tan importantes como a enerxía, a educación, a saúde, a comunicación, etc…
Este concurso vai dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos que estean matriculados no presente curso en centros de Galicia.
O traballo consistirá nunha presentación informática ou audiovisual en calquera tipo de formato cunha duración máxima de 2 minutos.
Haberá dous premios divididos en dúas categorías:

  • Premio para alumnado de ESO dotado con diploma e 120 € en material audiovisual ou informático.
  • Premio para alumnado de Bacharelato e Ciclos dotado con diploma e 120 € en material audiovisual ou informático.

Os traballos terán como data límite para a súa presentación o día 9 de abril do 2015.

 

Cartel do Concurso “Ignacio López Bueno”

Viewing all articles
Browse latest Browse all 192