Gallego
Por quinto ano consecutivo, a asociación de fomento das tecnoloxías libre Bricolabs organiza a súa feira de proxectos de tecnoloxía aberta, OSHWDem. Nela os autores dos proxectos presentarán e explicarán como e por que os fixeron. Como se trata de tecnoloxía aberta, tamén aportarán onde atopar información para facer outros semellantes ou adaptalos a unhas necesidades concretas. Tamén haberá competicións de robots e outras moitas actividades.
Data e lugar do evento: 5 de novembro de 2016 no Museo Domus de A Coruña.
Máis información, na ligazón aportada.

Sitio web:
Tema:
Colectivo:
Sección: