Gallego
A Asociación Española para a Ensinanza da Ciencias da Terra, a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos organizan a VII Olimpíada de Xeoloxía.
Na súa fase galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, a Escola Politécnica Superior de Lugo, a E.T.S.E. de Minas de Vigo e a Facultade de Ciencias de Ourense. As probas realizaranse nestas catro sedes.
Poderán participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
Prazo de inscrición dos centros docentes: ata o 15 de decembro de 2016.
As probas terán lugar o mércores 15 de febreiro de 2017, entre as 11:30 e as 18:30 horas.
Máis información na ligazón aportada.

Tema:
Colectivo:
Sección: